| | |
|
|
"Éncheme un sentimento de profundo respecto polas xentes do cinema, estes que traballan n'A casa da luz e todos cantos o fan no mundo enteiro, porque son os artífices dun xogo da imaxinación que puxo nos nosos corazóns as máis fermosas historias, as que nos emocionaron até as bágoas agachadas na escuridade das salas. As que alimentaron os nosos soños. As que abriron en nós unha nova ollada, aquela coa que contemplamos o mundo. Grazas meus irmaos do cinema, grazas por seguir a facer esta marabilla escrita coa luz."
|
|
Blog de Xabier Docampo 14/07/08 Xabier Docampo
|
|
| |
|
MÁLAGA ACOLLE A XI EDICIÓN DE COMINTERACTIVA Mércores, 19 de Novembro de 2008
| A XI edición de ComInteractiva celebrarase os días 26 e 27 de marzo de 2009. A temática deste ano xirará ao redor de "As redes sociais frente á realidade virtual". Neste sentido, o evento contará con represententantes de Facebook, Myspaces, Tuenti, Second Life, etc..., e, un ano máis, Paul Fleming, presidente de Barcelona Virtual.
| Leer más...  |
|
ESTREA NA CORUÑA E VIGO DO FILME "UN CUENTO PARA OLIVIA" Mércores, 19 de Novembro de 2008
| Este venres día 21 de novembro estréase na Coruña nos cines Filmax e en Vigo nos cines Norte "UN CUENTO PARA OLIVIA", unha longametraxe de Manane Rodríguez protagonizado por Paulina Gálvez, Manuel Cortés e Luisana Álvarez e producida por Xamalú Filmes en coproducción con Televisión de Galicia, Ficción Producciones e Área 5.1.
| Leer más...  |
|
O CLAG CELEBRA TRES CURSOS DE FORMACIÓN NOS MESES DE NOVEMBRO E DECEMBRO Luns, 17 de Novembro de 2008
| O Cluster Audiovisual Galego organiza tres cursos de formación nos meses de novembro de decembro, baixo os títulos: Curso básico de prevención de riscos laborais orientado ao sector audiovisual, Curso de especialización en Multimedia Home Plataform (MHP) e Seminario de financiamento no sector audiovisual.
| Leer más...  |
|
ANTON REIXA ELEXIDO PRESIDENTE DO CLAG PARA UN SEGUNDO MANDATO Xoves, 13 de Novembro de 2008
| A asamblea extraordinaria do Clúster Audiovisual Galego, CLAG, celebrada el martes en Santiago, elexíu como presidente a Antón Reixa para un segundo mandato de tres anos, e aprobou a incorporación de TVG, Ficción Producciones e Arantia ao Comité Estratéxico do CLAG. Reixa asumíu por primeira vez a súa responsabilidade ao frente do CLAG en novembro de 2005, desenvolvendo durante este periodo unha xestión presidida fundamentalmente polos criterios de dinamización, promoción e apoio á internacionalización do sector.
| Leer más...  |
|
|
|
|