| |
O LUNS COMEZAN AS PROXECCIÓNS DA MOSTRA DE CINE CUBANO EN GALICIA Vernes, 09 de Maio de 2008
| A partir do luns 12 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela comeza a Mostra de Cine Cubano en Galicia, na que se poderán ver as películas de maior éxito da cinematografía cubana nos últimos anos. As entradas son gratuítas e están dispoñibles no despacho de billetes dende as 17 horas.
| Leer más...  |
|
EMPRESAS DO CLAG ANALIZAN EN SANTIAGO A XESTIÓN DOS DEREITOS MUSICAIS Xoves, 08 de Maio de 2008
| Un equipo de 13 profesionais de perfil xurídico-financeiro procedentes de sete empresas asociadas ao Clúster Audiovisual Galego, CLAG, participan estes días -do 7 ao 9 de maio- en Santiago de Compostela nun curso sobre “ Xestión do negocio da música” impartido por expertos do panorama musical co obxectivo de profundizar nos procedementos de negociación dos dereitos musicais á hora de incluir cancións ou obras musicais nas diferentes producións audiovisuais
| Leer más...  |
|
O FESTIVAL DE CANS MULTIPLICA AS ACTIVIDADES AUDIVOSUAIS, MUSICAIS E ALTERNATIVAS NA SÚA EDICIÓN MÁIS COMPLETA Mércores, 07 de Maio de 2008
| A quinta edición do Festival de Cans vén cargada de novidades. Hoxe deuse a coñecer no Bar Fortes, un dos lugares emblemáticos desta parroquia do Porriño, a programación completa do festival, que principalmente se desenvolverá entre o 21 e o 24 de maio. O aumento de aforo, a fixación de premios económicos, a potenciación das actuacións musicais e o incremento notable das actividades alternativas fan que a edición deste ano sexa a máis completa e variada das celebradas ata agora.
| Leer más...  |
|
|
|
|