ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Principal
Banner
 

 
O CGAI PROXECTA HOXE, 4 DE FEBREIRO, SINBAD

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta hoxe sábado día 4 de febreiro (18.00 horas) a longametraxe galega SINBAD (2011) de Antón Dobao, versión fílmica da narración  de Álvaro Cunqueiro. O autor, malia o seu desexo, non poderá estar finalmente presente. A entrada é gratuíta.

Ler máis...
 
VODA NA CORUÑA PARA OS PROTAGONISTAS BRASILEIROS DE CASAMOS

A voda de dous brasileiros protagonizará o prime time do sábado en TVG. Verónica e Manuel son descendentes de familias galegas que emigraron desde Santa Comba (A Coruña). Tras varios meses organizando o enlace por internet, os mozos reencóntranse con poucos días de marxe para rematar os preparativos da súa voda en Galicia.

Ler máis...
 
REMATAMOS EN VIGO A PROXECCIÓN DAS CURTAS GAUDÍ

Despois de pasar por A Coruña, Lugo, Ourense e Santiago, a proxección das curtas dos IV Premis Gaudí chega ao seu fin hoxe en Vigo. Na sede da Fundación Novacaixagalicia (Policarpo Sanz 13), a partir das 19.00h poderase desfrutar de forma gratuíta dos formatos curtos nominados nos Premios da Académia del Cinéma Catalá.

Ler máis...
 
PROXECCIÓN DAS CURTAS DOS IV PREMIS GAUDÍ, HOXE EN COMPOSTELA

A proxección das curtas dos IV Premis Gaudí está chegando ao seu fin. Hoxe en Compostela, na sede da Fundación Novacaixagalicia (Rúa do Vilar 19), a partir das 19.00h poderase desfrutar de forma gratuíta dos formatos curtos nominados nos Premios da Académia del Cinéma Catalá.

Ler máis...
 
PLAY-DOC TRAE DE NOVO A GALICIA O MELLOR DO CINEMA DOCUMENTAL
Os directores de Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, Sara García e Ángel Sánchez, anunciaron a celebración da próxima edición de Play-Doc, que terá lugar do 21 ao 25 de marzo próximos na cidade de Tui. Estiveron acompañados por Moisés Rodríguez, alcalde da cidade, e pola súa concelleira de Cultura e Educación, Vanesa Rodríguez, que resaltaron a celebración de Play-Doc coma o evento cultural máis importante para Tui, cualificándoo como “a xoia da cultura tudense”.
Ler máis...
 
O CLAG ASISTIRÁ A RIO CONTENT MARKET 2012, EN BRASIL, CUNHA DELEGACIÓN E CATRO COMPAÑÍAS DO SECTOR AUDIOVISUAL GALEGO

O Clúster Audiovisual Galego (CLAG) viaxará a Río de Xaneiro, en Brasil, para participar na segunda edición do mercado Río Content Market, cunha delegación formada por catro compañías do sector audiovisual galego. As empresas que, xunto ao CLAG, representarán ao sector no mercado de contidos brasileiro, que terá lugar do 29 de febreiro ao 2 de marzo, son: Continental Producciones, Ficción Producciones, Moonbite Games&Animation e Zoa Media.

Ler máis...
 
PROGRAMACIÓN DE FEBREIRO DO CGAI
Estes son os ciclos do CGAI-Filmoteca de Galicia para o mes de febreiro:
Ler máis...
 
PUBLICADAS AS AXUDAS FINANCEIRAS PARA OPERACIÓNS DE CRÉDITO ICO/ICAA
No BOE de hoxe, día 2 de febreiro saen publicadas as axudas financieras para operacións de crédito ao amparo dos Convenios ICO / ICAA  concedidas durante o ano 2011.
Ler máis...
 
OURENSE RECIBE AS CURTAS FINALISTAS NOS IV PREMIS GAUDÍ

A Academia segue coas proxeccións das curtas nominadas nos IV Premis Gaudí hoxe mércores, 1 de febreiro, ás 19.00 horas, no Centro de Desenvolvemento Novacaixagalicia (Avenida Pontevedra 9).

Ler máis...
 
NOVA PROXECCIÓN DAS CURTAS DOS FINALISTAS NOS IV PREMIS GAUDÍ EN LUGO
A Academia Galega do Audiovisual proxectará mañá martes, 31 de febreiro, ás 19.00 horas, na sede da Fundación Novacaixagalicia (Praza de Santa María s/n), as curtas nominadas nos Premis Gaudí deste ano, que se celebrarán o vindeiro día 6 de febreiro en Barcelona.
Ler máis...
 

 

 

 

Acceso Socios

Calendario

<<  Febrero 2012  >>
 Lu  Ma  Mi  Ju  Vi  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
2729