En total, 5 longametraxes documentais e 2 curtas serán os que se proxecten un xoves de cada mes en Madrid.
A primeira das proxeccións da Mostra Amal será o vindeiro xoves 26 de xaneiro. Trátase da longametraxe documental “Basta de miedo”, de Mourad Ben Cheikh. Túnez. A proxección será ás 18,30 h, e tras ela intervirán Ana Camacho, periodista de El País e Mohamed Abdel Kafi, Corresponsal Diario Alarab. Ás 11.00 horas dese mesmo día haberá unha conferencia a cargo de M’hamed Ezzine Chelaifa, embaixador de Túnez en España, para contextualizar os procesos revolucionarios coñecidos como Primavera árabe tratados na película.
SINOPSIS DE “BASTA DE MIEDO”, MOURAD BEN CHEIKH. TÚNEZ. 74 MIN
Tra-la autoinmolación dun vendedor ambulante, o pobo de Túnez inicia unha revolución que porá fin a 24 anos de dictadura do presidente Ben Alí e iniciará a primaveira árabe. Esta película é unha testemuña e un homenaxe ao pobo de Túnez.
PRÓXIMAS PROXECCIÓNS
XOVES, 26 DE XANEIRO. Túnez: Basta de miedo, Murad Ben Cheikh.
XOVES, 16 DE FEBREIRO. Marruecos: Al Madina, G. Ballester. Khalid, D. Gräbner
XOVES, 15 DE MARZO. Egipto: Ehral. Diario de la Plaza Tahrir. Marc Almodóvar
XOVES, 12 DE ABRIL. Palestina: Esta es mi tierra, Hebrón. G. Amati y S. Natanson
XOVES, 17 DE MAIO. Palestina: La pequeña ciudad de Belén. Jim Hanon
XOVES, 14 DE XUÑO. Irak: Cámaras contra armas. Nikos Megrelis



Hemeroteca



