ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Principal Hemeroteca

ÚLTIMAS PRAZAS PARA OS OBRADOIROS EN “EL TALLER DEL CASCANUECES”

E-mail Imprimir PDF
Mañá, día 31 de xaneiro finaliza o prazo de inscrición para os obradoiros de escritura creativa, poesía, fotografía, edición de vídeo e Stop Motion que se celebrarán en El taller del Cascanueces, un espazo de creación multidisciplinar situado no centro de A Coruña, e que comparte espazo coa librería do mesmo nome. Tamén nos meses de febreiro a abril celebrarase un Club de Lectura sobre novela actual que contará coa participación dos propios autores: Fernando Marías, febreiro, Lorenzo Silva, marzo e Ignacio del Valle, abril.

Entre os compromisos deste novo espazo, dirixido por Pedro Ramos, cabe destacar que tódalas actividades serán impartidas por creadores en activo, os grupos estarán limitados a un máximo de dez participantes e que estes terán un 5% de desconto en tódolos libros que compren na Librería Cascanueces.

Para información detallada sobre os obradoiros e outras actividades, podedes chamar ao teléfono 881 88 79 39 ou escribir un correo electrónico a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla


Última actualización el Lunes, 30 de Enero de 2012 17:44  

Acceso Socios

Calendario

<<  Mayo 2012  >>
 Lu  Ma  Mi  Ju  Vi  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031