ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Principal Noticias LOS REALIZADORES JAY ROSENBLATT E RAYMOND DEPARDON PROTAGONIZAN 'PLAY-DOC' 2010

LOS REALIZADORES JAY ROSENBLATT E RAYMOND DEPARDON PROTAGONIZAN 'PLAY-DOC' 2010

E-mail Imprimir PDF

Los aficcionados al cine de todo el mundo tienen una cita ineludible del 17 al 21 de marzo en Tui. El norteamericano Jay Rosenblatt visitará la villa por segunda vez, después de haber participado el año pasado  en el concurso con Beginning Filmmaking. En esta edición presentará un total de diez piezas que realizan un recorrido por una  carrera marcada por la técnica del collage.

A combinación de tomas persoais con material rescatado de bibliotecas ou de arquivo, iso que no argot fílmico se denomina found footage (metraxe atopada, literalmente), centra o discurso destas pezas, moi na tradición do cinema-ensaio de Jean-Luc Godard e Chris Marker. Así, o realizador reflexiona sobre as diferentes facetas da condición humana, sempre cun estilo arriscado, comprometido, evocador e dunha grande forza psicolóxica.

Grazas á súa inconfundible ollada, Jay Rosenblatt ten sido galardoado con preto de cen premios en festivais como Sundance e recibido bolsas de fundacións como a Rockefeller ou a Guggenheim. Licenciado en Psicoloxía, combina a súa produción artística impartindo clases no San Francisco Art Institute.

RAYMOND DEPARDON, DA FOTOGRAFÍA AO CINEMA CON ÉXITO

O francés Raymond Depardon é un dos nomes clave no cinema do real contemporáneo dos últimos trinta anos, un dos poucos artistas que ten transitado da imaxe estática ao movemento conservando a súa pegada autoral intacta.

Popular polas súas fotografías das guerras de Alxeria ou de Vietnam, presenta tamén unha filmografía extensa na que cunha ollada silenciosa, enigmática e inescrutable logra retratar colectivos tan diversos coma o dos tolos de San Clemente ou o día a día dos policías de París en Faits divers.Estes dous filmes pasaranse xunto a outros tres nunha intensa retrospectiva que intenta capturar a esencia dunha filmografía que xa anda polos corenta títulos.

 

Máis información na páxina web do festival www.play-doc.com

 

Última actualización el Viernes, 26 de Febrero de 2010 14:15  

Acceso Socios

Calendario

<<  Febrero 2012  >>
 Lu  Ma  Mi  Ju  Vi  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
2729