El 15 de marzo termina el plazo para presentar cortometrajes y videoclips a la VII edición del Festival de Cans, que tendrá lugar del 19 al 22 de mayo de 2010 en Cans (O Porriño). El Festival de Cans entregará este año 5.600 euros en premios, a los que se suman los Cans de Pedra, estatuillas con el emblema del festival realizadas por el artesano cantero local, Paco Candán. En total se entregarán 9 galardones: seis para cortometrajes, dos para videoclips y un premio honorífico.
No que se refire ás curtametraxes hai dúas categorías a concurso: curtas de ficción e curtas de animación. Os premios do xurado en ambas categorías están dotados con 1.500 euros, e con 1.000 euros os premios do público. O festival entrega tamén outros dous premios sen dotación económica: o de mellor actriz e mellor actor segundo o xurado. Ademais outórgase o Premio Pedigree a algunha persoa do audiovisual galego destacada pola súa traxectoria.
Para a súa participación no Festival de Cans, as curtametraxes deben estar feitas en Galicia, producidas por unha produtora galega ou dirixidas por directores/as galeg@s, e producidas nos anos 2008, 2009 ou 2010. A copia debe presentarse en formato DVD e non exceder os 30 minutos de duración. Xunto á curta enviarase unha ficha técnica, imaxes dixitais do cartel e dun fotograma e os datos de contacto.
No que se refire aos videoclips, o certame estará aberto a aqueles de músic@s ou grupos galegos e aos dirixidos por realizadores/as galeg@s. Deben ser dos anos 2008, 2009 ou 2010. Neste apartado hai dous premios ao mellor videoclip: o que outorga o público e o que entrega o xurado. Cada un deles recibirá 300 euros, ademais do Can de Pedra.
Os autores ou produtores de curtametraxes e de videoclips que estean interesados en que as súas producións participen no festival deben enviar unha copia ao seguinte enderezo:
Asociación Cultural Arela
Apartado de Correos 232
C.P. 36.400, O Porriño
As bases da convocatoria pódense consultar na web www.festivaldecans.com. Para calquera consulta pódese escribir ao email Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .







