ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Principal Noticias SE INAUGURA UNA EXPOSICIÓN EN EL FARO CABO DE FISTERRA SOBRE LA COSTA DA MORTE

SE INAUGURA UNA EXPOSICIÓN EN EL FARO CABO DE FISTERRA SOBRE LA COSTA DA MORTE

E-mail Imprimir PDF

Hoy se inaugura en el faro Cabo de Fisterra el Proxecto Costa da Morte, una exposición producida por el Foro Costa da Morte en colaboración con el Ayuntamiento de Fisterra y el Museo do Mar, en la que tres artistas invitados expondrán sus visiones personales de esta región costera de Galicia.

Luis González Palma, Graciela Sacco e Fran Herbello, guatemalteco, arxentina e galego respectivamente, son os elixidos para participar nesta mostra, na que o que se pretende e representar a comarca "nun sentido moi amplo e sen ningún tipo de esixencia narrativa ou descritiva", converténdoa nun territorio de creación artística, segundo explica Manuel Sendón, comisario do Proxecto Costa da Morte

Ara Solis, de González Palma, evoca o mar como medio para a viaxe, o soño e a fantasía, pedindo a participación do visitante a través da escritura nas postais dunha reflexión sobre a viaxe, o mar, O camiño... ou unha lembranza. "Os textos dos visitantes serán tamén parte da obra, creando unha interrelación entre o artista e o público", engade Manuel Sendón.

Sacco, en Calquera  saída pódese converter nun encerro, aborda, mediante a fotografía e unha instalación na que emprega o vídeo, os significados tan diferentes que pode ter o mar. Un medio de vida e un camiño para emigración, pero tamén o causante da soidade ou da morte.

Pola súa parte, Bonito 18 de xaneiro de 1960, de Fran Herbello, deixa de lado os materiais fotográficos convencionais, para que o sol produza directamente as imaxes sobre teas negras, similares ás empregadas no loito. Deste modo rende unha homenaxe aos mariñeiros afogados do barco Bonito, e ao seu avó morto nas mesmas circunstancias.

Xunto ca mostra, o Foro Costa da Morte ofreceu tamén, ata o día de onte,  un ciclo de conferencias no que o turismo, a natureza do espazo e as novas formas de vida dos habitantes de Fisterra foron os temas centrais de análise.

A exposición remata o 31 de Agosto, pero poderemos visitala de novo a partir de marzo no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
Última actualización el Jueves, 12 de Agosto de 2010 11:42  

Acceso Socios

Calendario

<<  Mayo 2012  >>
 Lu  Ma  Mi  Ju  Vi  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031