O espazo onde se levarán a cabo as clases deberá ter espellos, e unha superficie suficiente para que os alumnos poidan camiñar libremente. Cada alumno terá que dispoñer, ademais, dunha colchoneta e dun pupitre, e levar papel, lapis e goma de borrar. As clases durarán 3h. cun descanso de 15 minutos aproximadamente, e o número de alumnos será dun máximo de 15 e un mínimo de 10.
Toda a documentación necesaria para os alumnos será personalizada polo profesor, e correrá pola súa conta o deseño e o contido. Aquelas persoas que estean interesadas poderán poñerse en contacto co profesor, Indalecio Regueira, escribindo a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou chamando ao 669.34.53.00.







