O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta hoxe sábado día 4 de febreiro (18.00 horas) a longametraxe galega SINBAD (2011) de Antón Dobao, versión fílmica da narración de Álvaro Cunqueiro. O autor, malia o seu desexo, non poderá estar finalmente presente. A entrada é gratuíta.
|
|
Ler máis... |
A voda de dous brasileiros protagonizará o prime time do sábado en TVG. Verónica e Manuel son descendentes de familias galegas que emigraron desde Santa Comba (A Coruña). Tras varios meses organizando o enlace por internet, os mozos reencóntranse con poucos días de marxe para rematar os preparativos da súa voda en Galicia. |
|
Ler máis... |
Despois de pasar por A Coruña, Lugo, Ourense e Santiago, a proxección das curtas dos IV Premis Gaudí chega ao seu fin hoxe en Vigo. Na sede da Fundación Novacaixagalicia (Policarpo Sanz 13), a partir das 19.00h poderase desfrutar de forma gratuíta dos formatos curtos nominados nos Premios da Académia del Cinéma Catalá.
|
|
Ler máis... |
A proxección das curtas dos IV Premis Gaudí está chegando ao seu fin. Hoxe en Compostela, na sede da Fundación Novacaixagalicia (Rúa do Vilar 19), a partir das 19.00h poderase desfrutar de forma gratuíta dos formatos curtos nominados nos Premios da Académia del Cinéma Catalá.
|
|
Ler máis... |
| Os directores de Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, Sara García e Ángel Sánchez, anunciaron a celebración da próxima edición de Play-Doc, que terá lugar do 21 ao 25 de marzo próximos na cidade de Tui. Estiveron acompañados por Moisés Rodríguez, alcalde da cidade, e pola súa concelleira de Cultura e Educación, Vanesa Rodríguez, que resaltaron a celebración de Play-Doc coma o evento cultural máis importante para Tui, cualificándoo como “a xoia da cultura tudense”. |
|
Ler máis... |
O Clúster Audiovisual Galego (CLAG) viaxará a Río de Xaneiro, en Brasil, para participar na segunda edición do mercado Río Content Market, cunha delegación formada por catro compañías do sector audiovisual galego. As empresas que, xunto ao CLAG, representarán ao sector no mercado de contidos brasileiro, que terá lugar do 29 de febreiro ao 2 de marzo, son: Continental Producciones, Ficción Producciones, Moonbite Games&Animation e Zoa Media. |
|
Ler máis... |
| Estes son os ciclos do CGAI-Filmoteca de Galicia para o mes de febreiro: |
|
Ler máis... |
| No BOE de hoxe, día 2 de febreiro saen publicadas as axudas financieras para operacións de crédito ao amparo dos Convenios ICO / ICAA concedidas durante o ano 2011. |
|
Ler máis... |
A Academia segue coas proxeccións das curtas nominadas nos IV Premis Gaudí hoxe mércores, 1 de febreiro, ás 19.00 horas, no Centro de Desenvolvemento Novacaixagalicia (Avenida Pontevedra 9).
|
|
Ler máis... |
| A Academia Galega do Audiovisual proxectará mañá martes, 31 de febreiro, ás 19.00 horas, na sede da Fundación Novacaixagalicia (Praza de Santa María s/n), as curtas nominadas nos Premis Gaudí deste ano, que se celebrarán o vindeiro día 6 de febreiro en Barcelona. |
|
Ler máis... |