O VII Maratón de Vídeo Dixital presentou os seus contidos e novidades para esta edición. Un total de 32 curtametraxes optan aos premios este ano. |
|
Ler máis... |
Este mércores, 8 de setembro, ás 20.30 horas, preséntanse na Fundación Luis Seoane de A Coruña as curtametraxes "Hide and Seek" e "Missed Call", dirixidas por Nuria García Montiel. As curtas, rodados en Nueva York contan coa participación do actor estadounidense Christopher Backus, de recoñecido prestixio en América. |
|
Ler máis... |
A produtora Voz Audiovisual busca bebé, de sexo masculino, que teña ou aparente entre seis e doce meses de idade, para a serie "Matalobos". O neno elixido formará parte do reparto fixo da produción. Tamén selecciona figurantes de todas as idades para a nova tempada. |
|
Ler máis... |
Coa chegada do outono, comeza en Madrid unha nova tempada de festivais de cine. O primeiro deles será o Festival de Cine PNR de Madrid. Plataforma de Novos Realizadores, que empeza o próximo xoves 9 de setembro e se desenvolverá ata o 1 de outubro. |
|
Ler máis... |
O Clúster Audiovisual Galego (CLAG) ven de abrir o prazo de inscrición para o primeiro dos cursos de formación do sector audiovisual que se levarán a cabo durante o último cuadrimestre do ano 2010. Trátase do curso "Vendas e Coproducións Internacionais", que se celebrará entre o 27 de setembro e o 1 de outubro no edificio Feuga (Campus universitario Sur – Santiago de Compostela). |
|
Ler máis... |
| Indalecio Regueira, actor de dobraxe, presenta un curso de Ortofonía dedicado ao coidado e desenvolvemento da voz tanto falada como cantada. O curso está dividido en catro apartados (Respiración, Dicción, Vocalización e Ritmo), e está dirixido a todas as persoas, sen excepción, que queiran corrixir, manter, coidar, desenvolver, ampliar e colocar a súa voz para unha mellor utilización. |
|
Ler máis... |
Os días 10, 11 e 12 de Setembro celebrarase en Santiago de Compostela unha nova edición do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea (Macc), un encontro profesional multidisciplinar que ten como obxectivo a difusión e o intercambio de ideas entre creadores, artistas, produtores, xestores da cultura, empresas e institucións. |
|
Ler máis... |
A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre y el Máster en Edición Periodística organizan o Foro “As estatexias da comunicación visual”, a cargo de Alberto Cairo, que terá lugar no Museo da Prensa da Voz de Galicia o xoves día 16 de setembro ás 10.30 horas. |
|
Ler máis... |
O Festival de Cine Internacional de Ourense (Ouff) presenta este xoves, en formato de almorzo/rolda de prensa, a súa programación oficial para 2010, na que ademáis dos 15 anos de Festival tamén se festexarán os 25 da CRTVG e os 150 do nacemento de Rabindranath Tagore. |
|
Ler máis... |
| A produtora de cine dixital coruñesa, Pixel Films, convocará un casting para un novo proxecto, unha curtametraxe titulada Kune e dirixida por Carlos Seijo. O evento levarase a cabo en Santiago de Compostela, o próximo Mércores, 1 de Setembro. |
|
Ler máis... |