ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Principal
Bandeira
 

 
VII MARATÓN DE VÍDEO DIXITAL

O VII Maratón de Vídeo Dixital presentou os seus contidos e novidades para esta edición. Un total de 32 curtametraxes optan aos premios este ano.

Ler máis...
 
ESTREA DAS CURTAMETRAXES "HIDE AND SEEK" E "MISSED CALL"

Este mércores, 8 de setembro, ás 20.30 horas, preséntanse na Fundación Luis Seoane de A Coruña as curtametraxes "Hide and Seek" e "Missed Call", dirixidas por Nuria García Montiel. As curtas, rodados en Nueva York contan coa participación do actor estadounidense Christopher Backus, de recoñecido prestixio en América.

Ler máis...
 
VOZ AUDIOVISUAL BUSCA BEBÉ PARA A SERIE "MATALOBOS"

A produtora Voz Audiovisual busca bebé, de sexo masculino, que teña ou aparente entre seis e doce meses de idade, para a serie "Matalobos". O neno elixido formará parte do reparto fixo da produción. Tamén selecciona figurantes de todas as idades para a nova tempada.

Ler máis...
 
OUTONO DE FESTIVAIS EN MADRID

Coa chegada do outono, comeza en Madrid unha nova tempada de festivais de cine. O primeiro deles será o Festival de Cine PNR de Madrid. Plataforma de Novos Realizadores, que empeza o próximo xoves 9 de setembro e se desenvolverá ata o 1 de outubro.

Ler máis...
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE "VENDAS E COPRODUCIÓNS INTERNACIONAIS”

O Clúster Audiovisual Galego (CLAG) ven de abrir o prazo de inscrición para o primeiro dos cursos de formación do sector audiovisual que se levarán a cabo durante o último cuadrimestre do ano 2010. Trátase do curso "Vendas e Coproducións Internacionais", que se celebrará entre o 27 de setembro e o 1 de outubro no edificio Feuga (Campus universitario Sur – Santiago de Compostela).

Ler máis...
 
INDALECIO REGUEIRA IMPARTE UN CURSO DE ORTOFONÍA

Indalecio Regueira, actor de dobraxe, presenta un curso de Ortofonía dedicado ao coidado e desenvolvemento da voz tanto falada como cantada. O curso está dividido en catro apartados (Respiración, Dicción, Vocalización e Ritmo), e está dirixido a todas as persoas, sen excepción, que queiran corrixir, manter, coidar, desenvolver, ampliar e colocar a súa voz para unha mellor utilización.

Ler máis...
 
DIFUSIÓN E INTERCAMBIO DE IDEAS NO MACC

Os días 10, 11 e 12 de Setembro celebrarase en Santiago de Compostela unha nova edición do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea (Macc), un encontro profesional multidisciplinar que ten como obxectivo a difusión e o intercambio de ideas entre creadores, artistas, produtores, xestores da cultura, empresas e institucións.

Ler máis...
 
A VOZ DE GALICIA CELEBRA O FORO: “AS ESTRATEXIAS DA COMUNICACIÓN VISUAL”

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre y el Máster en Edición Periodística organizan o Foro “As estatexias da comunicación visual”, a cargo de Alberto Cairo, que terá lugar no Museo da Prensa da Voz de Galicia o xoves día 16 de setembro ás 10.30 horas.

Ler máis...
 
ROLDA DE PRENSA DO OUFF MAÑÁ AS 11 HORAS

O Festival de Cine Internacional de Ourense (Ouff) presenta este xoves, en formato de almorzo/rolda de prensa, a súa programación oficial para 2010, na que ademáis dos 15 anos de Festival tamén se festexarán os 25 da CRTVG e os 150 do nacemento de Rabindranath Tagore.

Ler máis...
 
CASTING EN SANTIAGO DE COMPOSTELA NA BUSCA DE NOVOS TALENTOS
A produtora de cine dixital coruñesa, Pixel Films, convocará un casting para un novo proxecto, unha curtametraxe titulada Kune e dirixida por Carlos Seijo. O evento levarase a cabo en Santiago de Compostela, o próximo Mércores, 1 de Setembro.
Ler máis...
 

 

 

 

Acceso Socios

Calendario

<<  Abril 2010  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
     2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19202122232425
2627282930