ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Principal Hemeroteca

SEMINARIO DE DESENVOLVEMENTO DE NOVOS FORMATOS DE ENTRETEMENTO

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación Galega de Guionistas (AGAG) organiza por primeira vez en Galicia un Seminario de Desenvolvemento de Novos Formatos de Entretemento no que se analizarán temas como o proceso de creación dun formato de non-ficción, as novas tendencias a nivel internacional ou en que consiste un departamento de I + D de televisión. O Seminario será impartido por Emilio José Zarzuela, Director do Departamento de I + D de Boomerang TV -unha das produtoras líderes en entretemento en España xunto a Endemol e Gestmusic-, creador e/ou adaptador de exitosos formatos como La voz, Pekín Express, Soy lo que como, Ajuste de cuentas, Soy el que más sabe de televisión del mundo...

O evento terá lugar na sede SGAE de Santiago de Compostela o venres 10 de febreiro de 2012 de 17.30 a 21.00.
   
A inscrición será gratuita para os socios AGAG. As tarifas para os non socios AGAG son de dous tipos:

Tarifa reducida: Estudantes de Módulo/Facultade/Escola Audiovisual 20 €
Tarifa xeral: 25 €

No flyer adxunto está toda a info sobre o programa do Seminario así como sobre o procedemento de inscrición na mesma.

LAST_UPDATED2  

Acceso Socios

Calendario

<<  Maio 2012  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031