ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Principal Novas 45 PELÍCULAS COMPETIRÁN NA VIII EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE EUROÁRABE “AMAL”

45 PELÍCULAS COMPETIRÁN NA VIII EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE EUROÁRABE “AMAL”

Correo-e Imprimir PDF

Un total de 45 películas comporán o programa da VIII edición do Festival, que voltará a Compostela entre o 23 e o 30 de Outubro. A lista de filmes xa é de dominio público dende o 3 de agosto e pode consultase na páxina web do Festival.

Os membros da organización recalcaron a laboriosidade do proceso, debido á alta participación rexistrada e á elevada calidade exhibida polos traballos. Cabe destacar a gran diversidade temática que presentan as películas, así como a importante presenza de coproducións euroárabes. O maior número de  producións de países árabes procede de Arxelia, Líbano e  Palestina. Francia encabeza a participación dentro dos países non árabes.

As obras seleccionadas serán proxectadas nas sedes do Festival e as curtametraxes, tanto documentais como de fición, poderán verse, como xa sucedera na pasada edición, a través da web www.amalfestival.com.

Como aperitivo do que sucederá durante a Semana Oficial, o público poderá desfrutar dunha selección de películas que xa pasaron polo Festival incluidas na programación do Festival dos Abrazos organizada pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela.

Baixo o título Palestina Sempre Presente, os días 11, 18 y 25 de agosto, a partires das 22.00 horas, todos aqueles que se acheguen ate a Rúa Xerusalén poderán desfrutar dunha selección de proxectos de fición e documentais de xeito totalmente gratuito.

 

LAST_UPDATED2  

Acceso Socios

Calendario

<<  Febreiro 2012  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
2729