ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Principal Novas VOZ AUDIOVISUAL BUSCA BEBÉ PARA A SERIE "MATALOBOS"

VOZ AUDIOVISUAL BUSCA BEBÉ PARA A SERIE "MATALOBOS"

Correo-e Imprimir PDF

A produtora Voz Audiovisual busca bebé, de sexo masculino, que teña ou aparente entre seis e doce meses de idade, para a serie "Matalobos". O neno elixido formará parte do reparto fixo da produción. Tamén selecciona figurantes de todas as idades para a nova tempada.

 
O cásting de bebés terá lugar o mércores 8 de setembro en Voz Audiovisual, na rúa Gambrinus, 97, polígono A Grela, A Coruña; en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas.

Para traballar na serie, os nenos non deben cumprir con ningunha característica física concreta; so ter ou aparentar entre seis e doce meses de idade. O equipo da serie valorará o parecido cos pais na ficción, así como o feito de que teñan irmáns xemelgos, aínda que non é una condición imprescindible.

Por outro lado, o casting de figuración celebrarase o martes 7 de setembro na Voz Audiovisual, na Rúa Gambrinus, 97, polígono A Grela, A Coruña; en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas.

A produtora busca persoas de todos os perfís, con e sen experiencia, de todas as idades e complexións físicas, aínda que tamén se valorarán os seguintes perfís: homes e mulleres de orixe ou rasgos sudamericanos e xente que practique artes marciais e deportes de risco, incluídos os amantes dos deportes de motor.

Para presentarse á selección non é preciso chamar antes, chega con acudir á cita e estar en situación de poder ser contratado.
Os interesados que non poidan acudir a algunha destas citas, dispoñen tamén dunha dirección de correo electrónico para enviar as fotos, datos dos bebés ou adultos interesados en figuración, CLOAKING ; así como dun número de teléfono, 619.312.440.

LAST_UPDATED2  

Acceso Socios

Calendario

<<  Febreiro 2012  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
2729